Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, no que queremos denunciar a situación de paralización da actividade asistencial nos hospitais públicos galegos, co argumento de loitar contra a pandemia da COVID-19. Consideramos que esta situación afecta o tratamento e seguimento de enfermxs que precisan atención sanitaria.
Non parece razoable nin xustificable, manter o peche de camas de hospital, no momento actual, co argumento de evitar o colapso de camas e hospitais, dado o descenso dos casos que requiren hospitalización (nalgúns centros non hai ningún).
O argumento utilizado pola xerencias do PP, de evitar o risco de contaxio dxs pacientes que acoden aos hospitais públicos, tampouco parece sostible, dado o descenso da pandemia, das persoas hospitalizadas e a masiva derivación de pacientes a hospitais privados, onde tamén existe o mesmo risco.
No caso do Complexo Hospitalario de Pontevedra, a situación resulta preocupante, especialmente servizos cirurxicos esencias como cirurxia y traumatoloxia, no que gran parte da planta está pechada, segue habendo dous profesionais de garda e practícamente a totalidade de casos cirurxicos e probas son derivados ao Hospital Quirón, da multinacional alemá Freshenius
Consideramos por tanto inaceptable, manter paralizada a actividade asistencial nos centros públicos por:
• O risco que supón para o agravamento e as complicacións dxs enfermxs, con patoloxías crónicas e dexenerativas.
• Contribúe a incrementar as listas de espera a cotas inaceptables.
• Supón unha privatización da atención hospitalaria que beneficia aos centros concertados.
Por todo iso esiximos:
• A continuación inmediata da actividade asistencial normal e a reapertura das salas e servizos clausurados pola pandemia.
• Poñer en marcha un plan para incremente a actividade dos centros públicos, mediante unha política de incentivos profesionais, a contratación do persoal que sexa necesario e o pleno aproveitamento dos centros públicos.
• Abandoar as derivacións masivas de pacientes a centros privados.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, quere denunciar a política de privatizacións do sr. Feijoo e do PP. A atención sanitaria en Galicia, debe prestarse a través dos servizos públicos existentes...e si non chegan, poñer os medios para invertir o que se invirte na sanidade privada na Sanidade Pública.