Elecciones de Galicia

No día de onte tivo lugar no Campus de Ourense, unha asamblea aberta da Plataforma cidadá Ourense Mellor para dar conta das reunións e contactos mantidos para conseguir unha posible confluencia das forzas de esquerda na cidade e para decidir o futuro máis inmediato da Plataforma.

A sección sindical da CIG do Concello da Coruña acaba de presentar unha demanda no xulgado do contencioso-administrativo contra a aplicación irregular por parte do Goberno municipal do sistema de comisión de servizos para a provisión dos postos de traballo. A representación sindical explica que se ben o uso da figura da comisión de servizos para a cobertura das vacantes non é algo novo no Concello, "o certo é que este Goberno estao levando ao extremo, convertendo algo que debería de responder a motivos de urxencia e necesidade en algo habitual".

adelante>> Ourense ha decidido mejorar su transversalidad ideológica abriendo un período de consultas a la sociedad civil hasta el 20 de marzo durante el que pretende captar tanto ideas y propuestas programáticas para mejorar su proyecto de ciudad como simpatizantes y militantes que quieran sumarse a este compromiso colectivo de un golpe de timón en el gobierno municipal.

rolda prensa coruna Pedro ArmasO candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños, Pedro Armas, e o presidente do grupo, Ángel García Seoane, compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para explicar as aspiracións do partido na cidade. Alternativa dos Veciños non aspira á alcaldía da Coruña, senón a facilitar a gobernabilidade para garantir que se poida levar adiante unha xestión que permite lograr as melloras que precisan os cidadáns.

Ana PontónOs concellos gobernados polo BNG son exemplo de transformación en beneficio da maioría social, referentes de políticas de benestar e calidade de vida, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social. Ese gran activo político será a base da estratexia electoral municipal do Bloque, que terá como elemento central o éxito dos seus gobernos municipais e o concepto de concellos BNG como sinónimo de “marca de calidade”.