Dentro da estratexia de presentación de candidaturas nas sete cidades máis grandes de Galicia, o PG elixe Lugo para abrir o ciclo de presentacións públicas.

Información
Hoy es noticia | 10 Septiembre 2022 | 1396 votos | Correo electrónico | Imprimir

foto partidogalego

O PG presenta a Agrupación Local en Lugo
 
O Partido Galego presentou este sábado a persoa que se vai encargar da Secretaría Local
 
Dentro da estratexia de presentación de candidaturas nas sete cidades máis grandes de Galicia, o PG elixe Lugo para abrir o ciclo de presentacións públicas.
 
Neste acto estiveron presentes varios membros da Agrupación Local e da Executiva Nacional, entre eles o Presidente Xosé Mosquera, arroupando a Carlos Ouro como novo Secretario Local do PG.
 
Abriu o acto o Secretario de Coordinación Suso Ares, que fixo unha introdución na que dou unha visión da liña política do partido e a súa utilidade para o País.
 
Pola súa parte o Presidente puntualizou a necesidade dunha forza política que favoreza o entendemento entre as distintas forzas políticas para acadar acordos beneficiosos para o conxunto da poboación, deixando ao lado as políticas erradas de desunión entre os grupos das corporacións.
 
O Secretario Local, Carlos Ouro, expuxo as principais necesidade e carencias da cidade de Lugo, entre as que destacou as comunicacións (a problemática da A54, e as conexións ferroviarias), tamén matizou a problemática do acceso a internet no rural.
 
O Partido Galego fai unha firme aposta para que Lugo teña o recoñecemento económico e empresarial que lle corresponde pola súa situación estratéxica tanto para a provincia de Lugo, como para Galicia. Tendo en conta ademais, que Lugo é unha das grandes cidades do País, e por iso debe dispoñer das mesmas posibilidades que outras cidades similares.
 
Lugo calidade, con esta denominación, Ouro tamén quixo lembrar a importancia do sector primario, poñendo de manifesto a calidade dos produtos do rural lugués, e o desleixo que teñen os diferente gobernos locais coas súas problemáticas e demandas.
 
social youtube xornalgalicia   feed-image