Imprimir

O CLUB FLUVIAL SEGUE A INCUMPRIR SISTEMATICAMENTE A LEI DE AUGAS

Información
Hoy es noticia | 29 Agosto 2022 | 595 votos

Lugo, 29 de agosto de 2022. A delegación de Lugo de ADEGA vén de denunciar unha vez máisLugo, 29 de agosto de 2022. A delegación de Lugo de ADEGA vén de denunciar unha vez máisperante a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS), que o Club Fluvial de Lugo segue aincumprir a Lei de Augas e o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, denegando accesoao río as persoas que non son socias.

Durante a actividade que fixemos onte ao acceder aorecinto da entidade, sentímonos coaccionadas, como se o acceso ao río fose un acto delituoso.A directiva da entidade deportiva pretende manter a entidade fóra da legalidade, pese a todasas multas coercitivas impostas pola CHMS e a recente denegación da solicitude de legalizacióndas instalacións do Clube Fluvial por ser incompatibles co Plan Hidrolóxico Miño Sil.O peche perimetral das instalacións do Club Fluvial no Dominio Público Hidráulico (DPH) supónunha falta reiterada ó longo dos anos por parte do Clube Fluvial. A Lei de Augas (TRLA) e oRegulamento do DPH1 definen claramente que o leito do río é público e que a zona deservidume para uso público terá diferentes fins, entre os que se atopa o paso público peonil.Ademais no momento en que a entidade denega o paso ao público en xeral, está a impedir obaño público, polo que estase a incumprir de forma sistemática a TRLA e o Regulamento doDPH2.E todo isto sucede coa conivencia do Concello de Lugo, que mantén pechado o acceso ao ríoda fábrica da luz e en total estado de abandono, cunha pontella que supón un perigo para asviandantes, e cun espazo que podería ser empregado pola veciñanza para acceder ao caneiro epolo tanto ao río.É preciso destacar que o treito de río apropiado cando menos nos últimos 60 anos polo ClubFluvial é o único do Miño ao seu paso por Lugo que está recoñecido como zona de baño e que,por tanto o único que conta coas mínimas análises e garantías de seguridade e de sanidade ásque obriga a lexislación vixente.A Confederación Hidrográfica Miño-Sil debe esixirlle á entidade deportiva que cumpra coalexislación vixente en materia de augas e co regulamento de dominio público hidráulico. Istoimplica que debe obrigar ao Club Fluvial a eliminar ou retirar de forma inmediata calqueraelemento ou infraestrutura que estea a impedir ou a disuadir o acceso público á zona deservidume neste treito do río Miño que transcorre fronte ao caneiro. Pensamos que no séculoXXI, e nun contexto global de cambio climático, xa non teñen cabida instalacións no dominiopúblico hidráulico que traten de perpetuar zonas de baño privadas ou de uso exclusivo.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 595