Imprimir

Consideramos moi grave cunha persoa morra sen atención, pese a demandar asistencia sanitaria.

Información
Hoy es noticia | 18 Agosto 2022 | 1082 votos

Diante da noticia da denuncia dun familiar dunha persoa falecida no PAC de Baltar despois de que o 061 denegara unha ambulancia por non ter febre, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Consideramos moi grave cunha persoa morra sen atención, pese a demandar asistencia sanitaria.

 

2.- Este novo e dramático episodio ven a confirmar as consecuencias da falta de recursos da Atención Primaria, do Servizo de Ambulancias e do Sistema Sanitario Público Galego, sometidos aos recortes dos últimos anos, que desde a nosa Asociación vimos denunciando reiteradamente (houbo fai pouco tempo algún caso similar)

3.- Tanto o Centro de Saúde como o PAC de Baltar de Sanxenxo ten graves problemas de recursos e de asistencia, denunciados recentemente pola Plataforma SOS Sanidade Pública como pola nosa Asociación, sen resposta polo SERGAS.

4.- Temos constancia de que desde a Plataforma SOS de Sanxenxo pretendese convocar una xuntanza o vindeiro luns para valorar a convocatoria duna mobilización ao respecto.

5.- Temos tamén coñecemento de intentos de coacción a algún xornalista por parte dalgun gabinete de prensa da administración en relación coas nosas denuncias, algo que nos parece intolerable e incompatible co dereito a información da poboación.

6.- Reiteramos a exixencia de que a Conselleria e o SERGAS adoiten medidas urxentes para facer fronte a situación de emerxencia sanitaria como a que vivimos tralos recortes.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1082