Imprimir

AO ALCALDE DO CONCELLO DE MIÑO

Información
Hoy es noticia | 01 Mayo 2022 | 958 votos

Miguel Anxo Abraira Sobrado, portavoz municipal da organización política LiGanDo en Miño 

“A muller de Cesar non só ten que ser honrada; tamén o ten que aparentar.”

Hai varios meses a nosa organización denunciou publicamente que persoas da equipa de goberno se poderían estar beneficiando por actuacións pouco honrosas ao recebir para o seu uso persoal leña saida da creación da Senda dos Sentidos. Este feito xerou grande malestar entre a veciñanza xa que a acción de goberno non debe beneficiar de xeito directo ou indirecto a ningún concelleiro/a.

 

A está actuación irregular, LGD-MIÑO elevou ao Concello a proposta de que os restos de podas e desabroches que saísen dos traballos feitos ou encargados polo Concello se lles e o uso de fornecer os fogares mais necesitados e con risco de pobreza enerxética. Non obtivemos resposta.

Esta semana pasada foron novamente veciños –nesta ocasión de Loios- os que nos alertaron –enviándonos fotos- que operarios do Concello de Miño poderían estar actuando de xeito fraudulento nunha parcela situada en Loios. A súa presenza, segundo se desprende polas fotos, foi real e segundo as indicacións do veciño que nos fixo coñecedores de tal feito tivo como obxecto desenvolver actividades en horario laboral que beneficiaron a un concelleiro da equipa de goberno.

Entendemos que as prácticas antes citadas teñen unha gravidade politica considerable xa que demostran que as concelleiras e concelleiro da actual equipa de goberno non son quen de diferenciar o privado do público é que non teñen reparos en obter beneficios persoais de xeito pouco ou nada edificante.

cid part3 odh0oL5g kKCbl1coligando

Por todo o antedito, PREGUNTASE:

É certo que concelleiros e concelleiras da equipa de goberno se están beneficiando de xeito fraudulento dos restos que saen das podas, limpezas, desbroces, ... que o concello realiza de xeito directo ou indirecto?

De ser certo este aproveitamento inmoral esta o mesmo sendo executado en horario laboral por operarios municipais?

Pensa a alcaldía que o Goberno Municipal pode e debe actuar de xeito mais pulcro e transparente nas accións antes descritas?

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 958