Imprimir

O Centro de Servizos ao transporte que a Zona Franca de Vigo pretende construír en Torneiros, é una auténtica aberración

Información
Hoy es noticia | 21 Abril 2022 | 1006 votos
O Centro de Servizos ao transporte que a Zona Franca de Vigo pretende construír en Torneiros, é una auténtica aberración á que deberían opoñerse todos os grupos municipais do Concello, Asociacións Veciñais e Comunidade de Montes.
 
Desde Máis Porriño nos opoñemos frontalmente a esta aberración contra o medio ambiente, e unha aberración contra propia veciñanza do #porriño, porque #torneiros tamén e #OPorriño 
 
Nada máis e nada menos que 31,7 hectáreas para o estacionamento de camións, gasolineira, e outras instalacións proxectados aos pés do núcleo rural do barrio da Ribeira, e moi próximo aos polígonos de vivendas onde viven ao redor de 3.000 persoas. 
 
Este centro de servizos levaríase por diante as casas de seis familias, e convirtería a zona nunha especie de polígono industrial con intenso tráfico de tráilers, con rotondas inmensas pegadas ás casas dos veciños
 
Ademais as diferentes áreas que serían desmanteladas e ocupadas por este mega-aparcadoiro de camións ocuparían unha zona importante de bosque de ribeira da conca do río Louro, (medioambientalmente e algo que non se pode permitir), e do seu afluente o regato das Laxes, un ecosistema de gran valor ecolóxico, e moi próximo a zonas da Rede Natura 2000 e en pleno Camiño de Santiago.
 
Hai máis de 20 anos o Concello de #Vigo negouse a un proxecto similar, aínda que moito máis pequeno, (non era nin a terceira parte deste), para o seu emprazamento en Valladares, por iso pedimos a mesma determinación na oposición o concello do Porriño 
 
Non nos enganemos, este Centro de Servizos ao transporte non vai traer emprego nin nada positivo á zona, pero si vai traer danos sociais e ambientais irreparables a curto, medio e longo prazo: tala de arbolado, destrución de ecosistemas, perda de hábitats e biodiversidade, erosión e compactación de solos, contaminación ambiental, acústica e lumínica, degradación paisaxística, modificación das escorrentías e problemas de inundabilidade, etc… 
 
Este tipo de instalación teñen que estar nos polígonos industriais e non á beira das vivendas e das zonas verdes. Cada polígono debería ter a súa área para dar servizo aos transportistas, o que non se pode é pretender que sexa O Porriño, e en particular Torneiros quen lle dea acubillo a todo o tráfico de mercancías de  O Porto a Vigo. 
 
É moi inxusto que se arrase con media parroquia para os intereses dunha área tan grande, vistas as dimensións do proxecto, sen parangón en Galicia. Torneiros volve a ser una vez máis a gran prexudicada. 
 
Unha parroquia atravesada pola liña de alta tensión, fragmentada polas grandes infraestruturas viarias da AP9, a A55 e o enlace entre ambas, polo gasoduto e polo colector, unha parroquia que sufre as consecuencias do Lindano, que soportou os gases e a contaminación do vertedoiro de Cataboi, e agora isto
 
Os nosos representantes políticos e sociais teñen que estar á altura e rexeitar este proxecto que é un agravio para Torneiros e para O Porriño. 
 
Temos a responsabilidade de actuar se queremos deixarlles un lugar habitable aos nosos fillos.
social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1006