DÍA INTERNACIONAL DAS TRABALLADORAS DE FOGAR E COIDADOS

Información
Hoy es noticia | 28 Marzo 2022 | 773 votos | Correo electrónico | Imprimir

As traballadoras de fogar e coidados damos un paso máis e esiximos a integración plena no réxime xeral da Seguridade Social a 11 anos da aprobación do Convenio 189 da OIT reclamamos a ratificación anunciada polo Estado Español sen máis demoras para equiparar os nosos dereitos

 

 

 As traballadoras de fogar e coidados entregamos unha carta aberta dirixida ao Presidente do Goberno, á Ministra de Traballo, ao Ministro de Inclusión e Seguridade Social e a outras autoridades por mor do Día Internacional do Emprego de Fogar, 30 de marzo, na que reivindicamos a equiparación de dereitos no sector.

 

A presentación da carta aberta acompañouse de diferentes mobilizacións en distintas cidades do Estado  ao longo da fin de semana pasada para denunciar que seguen sen termos recoñecidos dereitos laborais básicos en igualdade de condicións:

 

a prestación por desemprego, unha lei de prevención de riscos laborais,

a equiparación no cálculo das pensións, a protección fronte ao despedimento ou a conciliación da vida laboral e familiar entre outros.

 

Resaltamos que no caso do réxime de interna vulnéranse directamente os dereitos humanos e que as aproximadamente 200.000 traballadoras sen contrato están do todo excluídas de calquera protección.

 

As asociacións de traballadoras de fogar e coidados destacamos que o traballo de fogar e de coidados é vital para a organización da vida en sociedade, e que foi a crise provocada polo COVID 19 a que deixou ao descuberto que este sector profesional é esencial para o sostemento da vida e os coidados, na mesma medida que resulta infravalorado e invisible para a axenda política e económica.

 

A discriminación deste sector laboral, fortemente feminizado, racializado e precarizado, foi recoñecida en datas recentes polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (por mor da demanda dunha traballadora de fogar galega) que ditaminou que o non recoñecemento da prestación por desemprego para as case 400.000 mulleres afiliadas é contrario á Directiva Europea de Igualdade de Trato entre Homes e Mulleres e discriminatoria segundo a norma en materia de desemprego no Estado español.

 

Por estes motivos demandamos, non só a anunciada ratificación do Convenio 189 da OIT, tamén a inclusión plena do emprego de fogar no Réxime Xeral da Seguridade Social para deixar de ser tratadas como traballadoras de segunda.

social youtube xornalgalicia   feed-image