Exiximos ao alcalde de Miño que sexa coherente e reflexione sobre o que pediu no pasado e fai agora con as Bandeiras Azuis

Información
A Coruña | 12 Mayo 2021 | 3651 votos | Correo electrónico | Imprimir
COMUNICADO DE PRENSA
 
Desde a organización política LGD Miño queremos manifestar un ano máis a nosa perplexidade diante do feito que ningunha das praias do noso Concello vai contar co galardón de Bandeira Azul. A nosa perplexidade non queda mitigada polo feito que a praia de Perbes-Andahio teña este distintivo xa que demostra a incompetencia do goberno municipal de Miño que ten que apoiarse no goberno municipal de Pontedeume para conseguir un destes distintivos.
Estamos tamén indignados diante desta situación por outras dúas razóns:
A primeira é que a marxe do debate sobre o galardón da Bandeira Azul o que si é certo é que se fai imprescindible que desde o Goberno Municipal de Miño se "tire polo carro" para axudar aos hostaleiros e comercios de Miño a saír da agonía en que están inmersos por culpa da situación económica. A Bandeira Azul segue a ser a día de hoxe un reclamo interesante para moitos veraneantes e polo tanto diante da pasividade e incompetencia municipal sería un punto positivo nesa axuda que Faraldo nega a súa veciñanza.
A segunda ven motivada polos berros e insultos que Manuel Vázquez Faraldo proferiu no pasado para este mesmo motivo e que hoxe fai como que non existiron.
Exiximos ao alcalde de Miño que sexa coherente e reflexione sobre o que pediu no pasado e fai agora. A súa reflexións sobre a súa postura e xestión sobre as Bandeiras Azuis debería vir acompañada dun acto similar diante da nefasta xestión medioambiental do Concello de Miño. Desde LGD entendemos que non se pode denunciar á veciñanza polo seu comportamento incívico ao depositar lixo xunto aos contenedores e pon non facer uso do Punto Limpo cando o goberno municipal tira o lixo da limpeza de praias nun monte en proceso de recuperación ambiental (Denuncia feita polo grupo ecoloxista Arco Iris). Se a este delito ecolóxico lle unimos que unha vez descuberta a súa mala xestión para a súa retirada do monte  (denuncia de Ecoloxistas en Acción) o que fai o goberno de Faraldo e enterrar parte dese lixo no propio monte non nos queda mais remedio que chamarlles "terroristas ambientais" e solicitarlles que este ano ondee nas praias de Miño o galardón comarcal outorgado polo grupo ecoloxísta Arco Iris ao o Sr Faraldo.
Miño, 11 de Maio de 2021
Video subido ás redes sociais de LiGanDo Miño:
social youtube xornalgalicia   feed-image