Lage Tuñas mete o dente en mais de 598.578,41 euros para adxudicar en subvencións a centros a entidades sociais, educativas e humanitarias da cidade en plena campaña electoral....Para que os destinatarios penesen a quen van votar o 10 de Novembro

Información
A Coruña | 08 Octubre 2019 | 3221 votos | Correo electrónico | Imprimir

A Xunta de Goberno Local aproba mañá destinar 598.578,41 euros a preto de 40 subvencións a entidades sociais, educativas e humanitarias da cidade. Destas, a maioría son axudas destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade cunha liña encamiñada ao fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo e, unha segunda liña, para actividades de prevención de violencias machistas, accións para a defensa e recoñecemento e dereitos das persoas LGTBQI. Destínanse un total de 142.453,41 eurosE por suposto con designación a "dedo" na Fundación Galicia Obra Social Afundación en representación do Concello da Coruña por quen non ten nada que ver co Concello de A Coruña, un "modus operandi típico da escola de Lage Tuñas".

 

No ámbito social, a Xunta de Goberno aprobará a concesión de dúas subvencións a Cruz Vermella. Unha, por importe de 64.000 euros, destinada ao programa "Transporte sanitario" para facilitarlles ás persoas con dificultades a súa integración social, e outra de 89.000 euros para poder responder de maneira inmediata a urxencias individuais e colectivas. Para iso, asinarase un convenio entre o Concello e a institución humanitaria.

Ademais, Cáritas recibirá unha subvención de 125.000 euros e o Centro Social Sagrada Familia contará con 75.000 euros para financiar actividades que se desenvolven no centro para persoas que se encontran en risco social.

Doutra banda, a Xunta autorizará e comprometerá o gasto parcial de 103.125 euros (cantidade corresponde aos gastos de xestión durante o primeiro semestre do ano 2019) para cofinanciar o mantemento dos centros de día de Eirís e Monte Alto, tal e como se recolle no convenio subscrito co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en 2014 por un importe de 315.864 euros.

No ámbito deportivo, a Xunta deberá aprobar o gasto de 120.000 euros para a subvención a entidades para a promoción e o fomento do deporte na Coruña.

Na sesión de mañá, a Xunta daralle o visto e prace ao proxecto de Ordenanza fiscal de contribucións especiais co fin de ampliar o servizo de extinción de incendios do Concello por un importe de 1.136.000 euros; dos cales 1.022.793,41 euros achégaos o consorcio de aseguradoras a través das contribucións especiais e o resto con cargo aos orzamentos municipais. Esta ampliación permitirá a construción dunha nova torre de prácticas (363.000 euros), adquisición dun vehículo adaptado para o equipo rescate acuático e outro vehículo de 20 prazas (218.625,56 euros), a renovación e adaptación de novos espazos no parque de bombeiros (192.000 euros) e a adquisición de equipos de protección individual, material de rescate e de primeiros auxilios (187.2999 euros) entre outras.

A Xunta tamén aprobará o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais. Unha vez aprobado, será exposto a información pública durante 30 días co fin de que se poidan presentar alegacións e despois será levado a Pleno para a súa aprobación inicial.

Doutra banda, as/os concelleiras/os serán informadas/os da tramitación de 191 expedientes urbanísticos no período comprendido entre o 19 de setembro e o 1 de outubro. Do total, 50 son licenzas urbanísticas, 88 son obras en réxime de comunicado, 39 actividades en réxime de comunicación previa, 12 actividades en réxime de declaración responsable. En canto a outros expedientes, tramitouse unha autorización de proxecto e unha modificación de orzamento de execución material OEM.

Ademais, a Xunta tomará coñecemento da cesión por parte da Universidade da Coruña dunha parcela do plan parcial do Campus universitario que será destinada a espazo público e que poderá gozar a veciñanza do núcleo de San Vicente de Elviña.

Tamén se lle dará luz verde á participación do Concello na segunda fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. O Concello poderá deste xeito completar a remodelación da praza Isaac Díaz Pardo coa instalación de novo mobiliario urbano, por un valor de 42.439,79 euros, dos cales o Concello achega 16.983,30 euros e o goberno provincial 25.456, 49 euros.

 

Outro dos asuntos que se abordarán na sesión de mañá é a modificación do manual polo que se rexen os procedementos do Concello da Coruña (OIL) para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España no período de programación 2014-2020. O obxectivo desta modificación é adaptar o documento á nova estrutura organizativa do Goberno local debido ao cambio de áreas e concellerías. Tamén se aproveitará para mellorar e incorporar algúns aspectos relativos á plataforma de administración electrónica OpenCertiac para o procesamento de procedementos e ficheiros, así como o desenvolvemento da Unidade de execución EDUSI.

A Xunta terá que lles dar o visto e prace ás contas de explotación correspondentes a 2016 relativas a explotación das instalacións do elevador panorámico e do miradoiro do monte de San Pedro, que ascenden a 329.910, 86 euros.

Tamén se aprobará o proxecto de obra de restauración do xardín de San Carlos por un importe de 399.428, 26 euros. Esta actuación está incluída no marco de Estratexia DUSI da Coruña que forma parte dunha operación financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER.

A orde do día inclúe tamén a anulación do procedemento de licitación para a contratación do servizo de mantemento de mercados municipais, así como o acordo de adxudicación do contrato en favor da empresa Ferrovial adoptado pola Xunta o 1 de agosto de 2019 que incluía unha partida de 100.587,30 euros (exercicio 2019) outra de 202.349,20 (exercicios 2010 e 20121) e unha terceira de 301.761, 90 euros (exercicio 2022).

O Concello responde deste xeito a unha resolución do TACGal que resolveu a favor do recurso presentado pola empresa Ángel Roade SL contra a adxudicación do servizo tras ser excluída no proceso de presentación de ofertas. O Concello deberá agora iniciar un novo proceso de licitación para contratar o servizo.

E, por último, o presidente da Cociña Económica, Jacinto Luis Torres Fraga, será designado patrón da Fundación Galicia Obra Social Afundación en representación do Concello da Coruña

social youtube xornalgalicia   feed-image