Inés Rey: “Agradezo a sensibilidade dos cidadáns porque nas praias houbo menos residuos e nos vindeiros anos reduciremos aínda máis o lixo e os plásticos” Houbo un total de 176 incidencias da cales 53 foron atencións por queimaduras e 44 por intoxicacións etílicas
A alcadesa da Coruña, Inés Rey, compareceu esta mañá xunto ao responsable de seguridade cidadá, Carlos Touriñán, para ofrecer o balance das incidencias que houbo na festa de San Xoán.
Rey fixo mención á excelente resposta dos cidadáns en canto a limpeza e o coidado das praias, xa que, por primeira vez, os arenais quedaron limpos ás 13.00 horas. Incluso, o areal de Riazor e gran parte da praia do Orzán estaban xa abertos o baño ás 12.00 horas. "Os coruñeses e coruñesas foron sensibles coa limpeza e cos residuos reduxéronse ampliamente con respecto a outros anos".
De feito, os datos definitivos sinalan unha recollida nos arenais, e final de 93,2 toneladas de residuos das praias; 4,4 toneladas dos contedores; e 3,4 toneladas de vidrio. No 2018, foron 117 toneladas de residuos das praias; 6,2 toneladas dos contedores; e 3,4 toneladas de residuos de vidrio. En definitiva, houbo 24 toneladas menos de residuos nas praias.
En canto as incidencias rexistráronse un total de 176 da cales destacan as máis de 53 e 44 atencións por queimaduras e intoxicacións etílicas respectivamente.
Asemade, realizáronse 28 asistencias por feridas ou contusións. Estas atencións divídense en 86 mulleres e 90 homes atendidos. En canto aos postos de merxencias, o de Riazor atendeu a sete persoas e no Orzán a 19 persoas, onde destacou unha asistencia por traumatismo cranioencefálico.
No apartado de mobilización de recursos realizáronse un total de 72 desprazamentos de vehículos para a atención de persoas lesionadas das que 16 finalizaron en traslados ao centro hospitalario. O maior volume de activación de recursos ocorreu entre as 01:15 e as 03:00 horas.
FERIDO POR ARMA BRANCA
Pechado o dispositivo de San Xoán, pasadas as 8.00 horas, produciuse unha pelexa na rúa Alfredo Vicenti na que resultou ferido de gravidade unha persoa por arma blanca (J.F.M. de 25 anos). O presunto agresor, Y.R.T., de 20 anos, empregou unha navalla de 10cm para, supostamente, causar os cortes a J.F.M., que tivo que ser evacuado ao CHUAC por una ferida na perna e por outra, de menor gravidade, no tórax.
Segundo as informacións das forzas e corpos de seguridade, o resultado das primeiras pescudas rexeitan -polo de agora- que se trate dun episodio de homofobia, tal e como difundiron a primeira hora da mañá algúns medios. Por sorte o ferido está fóra de perigo no Hospital e o presunto autor do delito, xa nas dependencias da Policía Nacional, pasará a disposición xudicial no día de hoxe.
A alcaldesa lamentou, por outra banda, que o Deportivo non acadase o ansiado ascenso aínda que está segura de que o vindeiro ano o equipo da cidade logrará o obxectivo. "Estaba todo preparado pero foi unha mágoa, esperamos que a vindeira tempada cambie a logremos o ascenso".